Pois eu cando nacín, había un cuarteto de gaitas na miña casa, “Os Tempranos De Eirís”, porque eran de Eirís, aínda que meu avó, o pai deles, naceu en Sta. Cruz, os Tempranos de Sta. Cruz. Tocaba a diatónica pequena, un acordeón, falamos dos anos 1915 ou 1910.

Meu pai entra na fábrica de Tabacos da Coruña con 16 anos, e aí había de todo, músicos, cantantes, senvergoñas, boa xente.... de todo, porque había unhas 2.500 persoas na época del. E daquela, pensade que había de todo, dende un guitarrista, un que tocaba o trombón,... había moita xente, humilde e artistas tamén. De ahí parte, nacín no ano 1940, en Monelos, é onde vas crecendo e vas oíndo a gaita.

Na casa da miña avoa en Eirís, facían festas no San Antonio, San Antonio de Eirís, compraba un carneiriño, un ano, un cabrito, e o compraba dous ou tres meses antes para mantelo, e iamos todos a xantar alí, a casa da miña avoa, na Calexa de Eirís. Iban os gaiteiros, cando era neno xa tocaba Paradela co meu tío a gaita, porque o comezo do cuarteto foi meu pai e meu tío, logo iba José, que lle chamaban “o betanceiro”, co tamboril, e “Pachero” Juan co bombo, falo dos comezos do cuarteto. Logo meu pai estivo enfermo e xa deixa no ano 1935 deixa de tocala gaita.

Mentres meu tío estaba no servicio militar dando a volta ó Mundo no “Juan Sebastián El Cano”, que foi tocando ca gaita, meu pai tocaba a gaita con Paradela, pero veu meu tío do servicio militar e meu pai xa deixa de tocar con Paradela as alboradas e queda Paradela e o meu tío, Alejandro, ca gaita, meu pai pasa ó tamboril, o bombo Juan, e siguen ata os anos cincuenta e pico. Despois meu tío meteuse na política, e ala vai, o cuarteto quedou mutilado, e xa queda meu pai e Paradela sos, e siguen tocando.

E aí me vou criando con eles, escoitando...se saía da casa, de Monelos a Caballeros, e había un home nunha tasca tocando a gaita, entraba de neno alí, e era o que había tamén, pero entraba alí no bar, quedaba mirando para o vello, para o novo, para quen fora que tocara a gaita, foron os meus comezos.

Tampouco ninguén che di si queres aprender cando tes 10 ou 12 anos, porque é na posguerra, e a posguerra durou moitos anos, por moito que digan. E bastante fan con darche de comer, comprarche as sandalias en Segarra, na rúa Real, e que a xente non tiña que poñer, e traballaban para alí e traballaban para alá. Esos son os meus comezos ca gaita.

Cando ían dar unha alborada por Eirís, no San Antonio, en Xuño, que é a primeira festa que había así na Coruña, eu subía por Monelos, polas preguiceiras para arriba, ía as 10 da maña, cos meus plaieros que me compraba miña nai, e unha pescadora de cordos diante, pantalón corto, ía moi limpo, era dos mais guapos do barrio, a verdade! Ja, ja, ja.

Cando chegaba e non sabía onde estaban, miraba para o ceo, pos foguetes, si estaban en Eirís de abaixo, se estaban en terra nova de Eirís, si estaban en Eirís de arriba, e daquela cadráballe en Eirís de abaixo xa collía polos carreiros e aparecía alí, e logo xa andaba toda a maña con eles dando a alborada, buscando as canas dos foguetes, que logo aproveitaban eles, sempre levaban a navalla no bolsillo, pos pallós, escollían as que lles valía, e cortaban e gardaban no bolsillo para logo facer os pallos.

E andábache así con outros rapaces. Despois xa a medio día viñan as rosquilleiras, cas rosquillas, e con unhas frautas de canaveira, con tres buratos, catro buratos, cinco buratos... e cando ía cos meus pais e.. quero unha frauta, che compraban aquela frauta, que solo facía pipipi, e na mais, a ver si nos entendemos... non había outra cousa. Era a música dos rapaces, de feito custaba dous patacos.

Despois ían as xubias, ala a dar a alborada, e eu tiña 11 anos e aparecía nas xubias, onde fora... a miña infancia foi así.

Cando empezaches a tocala gaita?

Bueno, xa empecei tarde, empecei tarde porque nadie che ensinaba e o que che decía. Xa de 16 para arriba, só, pero os 16 era como se tiveras 10 nos tempos de Franco, non empecei antes porque estabamos, eu penso, atrasados. Porque cando eu era rapaz os rapaces de 15 anos xogaban as bolas, a buxaina, por eso che digo, era un defecto de forma.

Aprendiches só de escoitar ou te ensinaron?

Pepe Temprano
Meu pai tiña gaitas e tamén tiña o vello Paradela, e daquela como se levaba ven con meu pai, e meu pai tiña todo, os traxes eran de Queixumes dos Pinos, se desfixera o coro nos anos 20 e pico, tiña que mirar a data. Se desfixo e foron a unha chambona, a San Andrés, nos portais de San Andrés vendían roupa, vendían quincallas, vendían de todo por San Andrés adiante, porque daquela se alquilaban os portais e se metía a xente a vender, e despois na praza de Santa Catalina tamén, todo era venta. E meu pai mercou os 4 traxes, o bombo era del e as gaitas, feitas na Coruña, do tintorero, pareceme que estaba na rúa Orzan. E daquela o meu pai deixou de tocar, era un home que non lle daba importancia a nada, nin lle preucupaba. Pero cando empecei me dixo home, pídelle a Paradela unha gaita, e pedinlla, e deume as dúas gaitas, deume todo.
Eu encargueille a Bao, aquí de Eirís de abaixo, unha gaita, que el tamén estaba empezando a facer gaitas, estaba en RE me parece. Despois me deu Paradela unha gaita en DO, e daquela xa vendín a de RE. Xa me deu Paradela as dúas gaitas, a dulzaina navarra, tiña as cousas do meu pai, tiñan de todo eles. Meu tío quedou con unha gaita en Re para tocar en pechado, meu tío Pepe que era barrendeiro na Coruña, estamos a falar de principios de século.
Meu tío e Paradela tocaban en pechado, foi algo que eu non mirei, porque nos meus tempos todo o mundo tocaba o aire. Despois empecei con Fernando Álvarez, viña a miña casa, tocaba con Paradela, con meu pai, e foi él o que me dixo de ensinarme, porque el sabia os programas todos, o programa de follas Novas, de Cantigas de Terra, da Sección Feminina, sabia todo, vou dicilo todo, ensinoume todo.
Fichamos para o cuarteto “Os Temprano de Eiris” el, Fernando, Jaime rei, que era bailarín ó bombo e meu pai co tamboril, fixemos outra vez o cuarteto. Botamos unos anos, tocamos para todos na Coruña, para todos, as cousas como son.

Que cousas foron as que te atraparon no mundo do Folclore?

Atrapoume que nacín con gaiteiros na casa, e na familia , porque na casa de miña aboa iamos toda a familia, e os Temprano de Eiris foi dos primeiros cuartetos da Coruña, porqué antes deles eran todos solistas, e se lles da polos anos 23 mais ou menos, por formar un cuarteto, despois meu tío foi para Cantigas da Terra, nos anos 29 ou 30 e xa nos anos 50 ou 60 foi Presidente de Cantigas da Terra, dicíame a min un home que cando estaba el foi cando mais actuacións tiveron.
Despois toquei na Coruña con outros gaiteiros, toquei o tamboril con Paradela cando tiña 16 anos, fun tamborileiro del hasta os vintetantos. Tocábache moi ben, tocaba aquelas cousiñas que amañaba para él, e facía as palletas para el.
Por outra banda, tiñamos a xente que xa eran músicos, Emilio Corral, que tocaba na banda Municipal, estaba avanzado para o momento, porque xa lía partituras, é primo carnal de miña nai.

O maior tempo o pasaches no grupo Eidos?

Eu toquei para todos, vou falar claro, tocabamos para as escolas, todas canto había, pero claro, a Sección Femenina xa estaba, e tocabas na sección femenina e cobrabas, eras unha persoa contratada neste caso, si ías a Madrid te pagaban as dietas, ías con todo pagado.
E despois foi un grupo, que aínda que foi dentro da Dictadura, reivindico que foi un grupo disciplinado, chegou a ser un grupo con xente que bailaba 12 anos seguidos, 10 anos tiñan, Lisuco que tamén foi bailarín de Cantigas da Terra, un home do pais, e deixou unha escola fenómena.
Había viaxes a Cuba 3 meses a Holanda 2 meses, e daquela a xente se acomodaba ai, pero como grupo foi do mellor que houbo na Coruña.
Os traxes os facían elas, si lles daban algunha prenda da aldea por alí, por ala, pero elas facían a roupa, había xente que sabia bordar, coser, esto foi unha época, xa digo uns grupos moi bos, e falo da Coruña. Tocoume tocar para eles, toquei o tamboril con Paradela, toquei co sobriño e máis con Ambite, a gaita, e seguimos cosechando viaxes, fomos a Puerto Rico a Miami, Bos Aires, aquí tocamos no Festival da Oti representando a Galicia, foi interesante.

Cantos anos levas en Eidos?

Bueno, estiven, despois o deixei, despois volvín, pero si sumas uns cincuenta anos, pero a xente que hai, lles da igual que leves 50 anos ou que leves 100, non hai nada que facer.

Compensoulle en esta vida vivir inmerso neste mundo ou tivo que pagar algún prezo?
Fun unha persoa moi confiada nesta vida, nunca actuei con malicia, nunca estiven pensado que era o que estaba en fronte a min, é o que teño, son así e son feliz, que é o importante, levei moitos paos, de xente inútil, folclóricamente falando, pero eso me deu dereito a aprender moito e o final seguín aí.
Levo toda a vida e vou a reivindicar eso, pero fun moi feliz coa gaita o lombo. Fun moi feliz tocando desde corredoiras, adros, toxos, París, Bélxica, Holanda, Nueva York que toquei por San Patricio.
Alí toquei o Antergo Reino de Galicia, que vou a reivindicar que é da Coruña, por moito que a xente agora diga, nos anos 20 xa a miña familia o tocaba. Logo nos anos 60 e pico, Xestal, Corral, Leonardo, Xesús, grabáronno por aí esta gravado por eles, pero antes era unha marcha de procesión, non había tal reino de Galicia. Eu quero reivindicar que é da Coruña, como teñen en Pontevedra outras cousas.

Que aspectos da música tradicional daquel momento son os que destacarías?
Na Coruña, na musica tradicional se tocaban aquelas muñeiriñas, aqueles Fandanguiños, aquelas xotas, na Coruña non se pasou de aí. Na Coruña non tocaban Polcas, nin Mazurcas, nin tocaban Rumbas, as Polcas as tocaban en Galicia outras xentes, tocaban o que lle botaran, porque facían bailes, e despois, xa seguían tocando os gaiteiros todo, chegaron os Campaneiros, sen embargo os Sóutelo de Montes, o que deixaron que era o que sabían, pais pais. Na Coruña foise respectuosa, non tiñamos ronqueta na gaita, fomos nos os que metemos a ronqueta na gaita, a miña familia cando meu pai veu a ronqueta díxome: “ Quita esa roncheria de ai”, eles non tocaban con ronqueta. Nos tocabamos en moitas festas e tiñamos que movernos, pero sempre sendo respetuosos.
Crees que eses aspectos se manteñen hoxe en día?

Non, hoxe en día, chegaron catro listos, que hoxe ai moi bos gaiteiros, cóidao eh, pero ai moitos que se pasan. A Polca, dixen antes estivo de moda en 1850 en París, en Berlín, deu a volta o mundo, pero non ten nada que ver con nada da gaita.
Igual que agora te veñen dicindo que a rumba ven por influencias de Cuba, os galegos foron a Cuba a chingar coas mulatas, e a metade das mulatas son agora fillas de galegos, non ten que ver unha cousa con outra e como agora che están cantando en castelán, que tamén son influencias e non trago, a pandeireta aquí ten idioma, a gaita ten idioma, e esto non sei.
Agora veñen os emigrantes de Europa, de Suíza por exemplo, e como son influencias van cantar en francés, e os que veñen de Inglaterra, pois como son influencia imos cantar en inglés.
Esto é querer vender o que non é noso, e temos de todo e non queremos. Os galegos somos a maioría uns vendidos, porque o que non pode ser é que “mola” máis tocar unha canción asturiana.
As Polcas, olvidate das polcas, das Rumbas, si queres tocalas un día para ti, pero non representando a Galicia que eso non é noso. Fai a música que queiras, que todo o mundo é libre de facer o que lle peta en gana, pero non lle poñas rumba ou polca, ponlle Alalá de Eiris, ou Aires de Arzúa, ou a Calexa cono lle puxen eu.

Pepe TempranoComo ve a música tradicional hoxe en día?
Hoxe en día, estou contestando, que fan o que lles da a gana e daquela. Si miramos as bandas, esa colonia inglesa que temos. Son moitos cartos e son de todos ou o Balet Galego que comeu os cartos de todos, das aldeas.
Eses cartos hai que repartilos e teñen que reverter no folclore de todos, que os grupos agora non poden saír nin a Asturias, nin a Madrid. Os coros están abandonados, e ningen fala de que non chegan os cartos, temos que pagarnos as comidas ou cenas polo mundo adiante, pero ninguén o di.
Eso é o que hai en Galicia, eso é a movida e os cartos de todos, eso hai que reparti-los.

Cales crees que son os problemas que existen actualmente na musica tradicional?
Xa son estes, ja,ja

Que opina da incorporación das novas tecnoloxías ó mundo tradicional?
Home, temos que adaptarnos aos tempos, non podemos enganar a ninguén, entón fan grupos folk; pero tocante os grupos tradicionais temos que ir para tras. Agora queren lanzarse e meter outra cousa, meten a gaita e o meten moderno total, xa non é o mesmo, así que non o vendan como tradicional. Estánse vendéndo cousas como tradicional condo non o é, é impresentable.

Que opinas dos pallóns de plástico, das gaitas MIDI e de todo esto?
Bueno..., os pallos, eu emprego pallóns de canaveira, porque eu son tradicional, probei os de Seivane e vou a dicir, moi ben, pero é outra cousa, para a xuventude que non sabe facer un pallón é outra historia, xa lle mete o pallón que fai Seivane e perfecto, porque van moi ben. Pero Pepe Temprano emprega canaveira.
Para a xuventude é unha salvación, como tamén foi unha salvación para os que tocaban con foles de cabrito ou cabrita, e cando veu a goma foi a salvación, nesas épocas, nos anos 20. Logo volvemos outra vez ós de Cabrito, que nos mandaban de Asturias, fomos nos os que os pedimos, Paradela e outro para min. E agora te venden o Gore-tex e home te quita de para dicir, porque ou tes un bo fol ou perde, como o cabrito, pero non se ve, non saben o que levas dentro, é outra historia.

Onde cree que nos diriximos?
Folclóricamente falando, nos diriximos a ningures, a ningunha parte, cada un quere facer e meter a música que lle da a gana. A Gaita esta empregándose hoxe coma un clarinete, ou unha guitarra, para tocar de todo, e eu non podo.
Eu sei polcas, se quero tocalas ou non xa é outra cousa. Non, eu sigo co meu, moi contento.

Cales cree que son os principais atrancos que nos imos atopar no futuro?
Estamos xa todos mesturados, os instrumentos, os bailes, as Autonomías. Imos hacia o que toca a gaita e é respectuoso, será un gaiteiro, coma sempre, do país, pero o dubido.
Nas aldeas había moitas bandas de musica, daquela si un gaiteiro estaba nunha aldea o do clarinete se arrimaba, para gañar cartos, inda que o clarinete non é de aquí.
Despois metéronlle mais chaves o clarinete e incluso fixeron gaitas con chaves. Unha gaita é unha gaita e non lle fan falla chaves, o punteiro esta ben como esta, non hai nada que facer, unha gaita é unha gaita. A MIDI non lle deberían de chamar gaita, porque a gaita é unha gaita e hai que soprar nela, e punto.
Temos moitas cousas que nos deixaron os nosos antergos, estes homes e estas mulleres do Noroeste nos deixaron unhas músicas boísimas, nos deixaron os refras, nos deixaron as cantigas, nolo deixaron todo. Pois nono queremos, ai moito aínda sen sacar pra fora, pois non nos vale. Os grupos folk xa non digo nada porque teñen que comer e mesturan, pero os grandes coros, teñen que ir do pais, ai que ser do pais.

Xa rematamos a entrevista, Pepe moitas gracias por ser tan sincero connosco e polo teu tempo.
Gracias a vos e ata cando queirades.
Pilar Morlan Otero, Pilar Cruz Fernández e Erea Estévez Campos. Como empezou a súa relación ca música tradicional?

Pilar Morlan Otero, Pilar Cruz Fernández e Erea Estévez Campos.